domingo, 5 de mayo de 2013 0 comentarios

5 de maio: Día Mundial do Lavado de Mans


Virus como os da gripe poden sobrevivir ata 48 horas nos interruptores da luz, o mando a distancia, os picaportes e outras superficies coas que se ten contacto de forma habitual. O lavado frecuente reduce ata un 50 por cento as infeccións respiratorias.

Hoxe, ademais de ser o día da nai, tamén é o Día Mundial do Lavado de Mans. Foi designado pola Organización Mundial da Saúde (OMS), como parte do Primeiro Reto do programa "Unha atención limpa é unha atención máis segura". Quere poñer de relevo a importancia do correcto lavado de mans para a saúde, tanto no ámbito sanitario coma no doméstico.

É un chamamento para concienciar a poboación de que un pouco de auga e xabón poden salvar moitas vidas.

Esta data, 5 de maio, foi escollida porque cinco son os momentos do proceso asistencial directo en que o profesional da saúde debe lavarse as mans.





Podedes visitar unha das miñas primeiras entradas do blog na que falo deste procedemento: 

"Unha medida tan simple e económica como o lavado de mans frecuente permite reducir ata nun 50 por cento as enfermidades respiratorias, previr brotes epidémicos e diminuír o absentismo escolar e laboral", sinalaron os expertos; pois segundo eles "a adopción deste hábito é tan beneficiosos como a vacinación".

sábado, 27 de abril de 2013 0 comentarios

CURA DE CATÉTER HICKMAN EN PEDIATRÍA


Na unidade de Pediatría Oncolóxica unha gran parte dos nenos teñen inserido un catéter Hickman para a administración de citostáticos e outra medicación diversa do paciente oncolóxico.

A continuación imos explicar brevemente o xeito correcto de facer a cura deste catéter.


-              Preparación do material: gasas empapadas en crorhexidina, gasas secas, luvas estériles, Steri-strips (tiras adhesivas delgadas), apósitos.
-              Lavado de mans.
-              Mollamos os apósitos que xa ten o neno coas gasas previamente empapadas en crorhexidina para que se despeguen un pouco e sexa máis doado quitalos e non sexa tan doloroso.
-              Colocámonos as luvas estériles.
-              Limpamos a inserción do catéter coas gasas empapadas en clorhexidina e parte do tubo próximo a ela.
-              Secamos con gasas.
-              Colocamos os Steri-strips de forma de que o catéter quede seguro, podemos facelo en forma de gravata.
-              Colocamos os apósitos que fagan falta para tapar a inserción do catéter e para que o tubo deste quede fixo e non moleste ao neno.

Esta técnica realizarémola cada 2-3 días ou cando vexamos un aspecto deteriorado deste.
jueves, 8 de diciembre de 2011 0 comentarios

PARADA CARDÍACA

Imprimir


Luns 5 de decembro. 21 h 20 min.

Un paciente chama ao control. Presenta dificultade para respirar, posteriormente perde o coñecemento e observamos falta de pulso.

Chamamos ao médico e a enfermeira proponlle traer o carro de paradas. Aquí empeza a REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR E SOPORTE VITAL.




1. Analizar o nivel de conciencia: NON RESPONDE

2. Apertura da vía aérea: MANOBRA FRONTE-QUEIXO

3. Comprobar a respiración: NON RESPIRA

4. CHAMADA DE AXUDA (a primeira persoa que identifica a PCR inicia as compresións torácicas e outro leva o carro de PCR co taboleiro dorsal e o desfibrilador).

5. Secuencia de 30 compresións e 2 ventilacións con balón autoinchable (Ambu®) con reservorio conectado a unha fonte de O2.

6. Análise ECG: ACENDER O DESFIBRILADOR, COLOCAR PAS.

7. Ritmo ECG "desfibrilable": CHOQUE ELÉCTRICO E 2 MIN RCP 30C:2V.

8. Ritmo ECG "non desfibrilable": 2 MIN RCP 30C:2C.


O equipo de persoal sanitario seguiu así polo corredor e ata o que puidemos ver no ascensor, evidentemente aínda quedan pasos a seguir que se realizarían na UCI pero dos que descoñecemos ata o momento.
viernes, 2 de diciembre de 2011 2 comentarios

Transfusións

Imprimir


O outro día tivemos que facerlle unha transfusión de sangue a unha das miñas máis gratas pacientes. Comentareivos os pasos que seguimos por se algunha vez vos vedes nesta situación.

O que primeiro imos facer é extraer unha mostra de sangue, pero non sen comprobar antes a identidade do paciente. Seguidamente enviaremos a mostra ao laboratorio para determinar o grupo, Rh e probas cruzadas.

Unha vez temos a bolsa de sangue que imos transfundir, comprobamos que se corresponde co noso paciente o Rh e o grupo sanguíneo.

Como o noso paciente non tiña vía canalizada, puxémoslle unha para realizar a transfusión.

Pasámolo a unha velocidade media. Cada bolsa de 400 ml tarda pouco menos de 2 horas en baleirarse. Neste caso empregamos dúas bolsas.


Valoraremos o paciente durante a técnica para comprobar que non ten ningunha incidencia.

O meu paciente respondeu con normalidade e ao día seguinte xa lle deron a alta.

Nota: por algún motivo, o sistema de transfusión só funcionaba cunha determinada postura do brazo do paciente, así que probade a cambialo de posición.